Informatica en Galego

Novas,Hardware, Software, SO, Sofware Libre… Todo en Galego

Archive for the ‘Samsung’ Category

A coreana Samsung anuncia un portátil blindado que aguanta unha tonelada de peso

Posted by informaticaengalego o Abril 19, 2011

 Samsung acaba de presentar en Corea un novo portátil, o Samsung Serie 6. Trátase dun equipo con pantalla de 14.5 polgadas que reune un ramallete notable de prestacións baixo unha característica común, a resistencia. A carcasa da Serie 6 está confeccionada nunha aliaxe de magnesio que, segundo a coreana, é cinco veces máis resistente a golpes e peso que a dun portátil convencional.

Se facemos caso do que asegura Samsung, a Serie 6 aguanta até unha tonelada de peso e cumpre co estándar de grao militar MIL-STD-810G 516.6, utilizado polo Pentágono en Estados Unidos para determinar a dureza dos equipos destinados ás tropas.

No interior, o Samsung Serie 6 irá equipado con procesadores Intel Core i7, gráficas Nvidia e varias configuracións dispoñibles de memoria RAM e almacenamento, entre elas a posibilidade de equipar o portátil con almacenamento SSD. As conexións tamén contarán con WiFi N, USB 3.0 e módulo 3G opcional. De momento non se fixeron públicos prezos ou datas de lanzamento.

Vía | Akihabara News

Posted in Novas, Samsung | Leave a Comment »

Liberar un Samsung Galaxy S en 3 pasos!!!

Posted by informaticaengalego o Marzo 11, 2011

Si eres o afortunado posuidor dun Samsung Galaxy S, e xa conseguiches rootearlo (se non é así,  recomendoch este tutorial),  suxiroche que lle instales a aplicación do Market chamada Galaxy_S Unlock. Funciona tanto para Android 2.1 (Eclair), como para Froyo (2.2 y 2.2.1).

O proceso non pode ser máis fácil. Consta de tres pasos, que están indicados na pantalla principal da aplicación. Tras os dous primeiros pasos, o teléfono resetease. Ao rearrancar terás que abrir de novo a aplicación para realizar o último paso.

O teléfono quedará automáticamente liberado. E o mellor: non é necesario facer ningún wipe reset, ni rearrancar en modo recovery ni nada.

Eso sí, sempre é convinte facer un backup de todo, polo que poidera pasar.

nte | Dale al teclado(Castelán)

Posted in Hacking, Novas, Samsung | Leave a Comment »

Samsung Galaxy S II terá unha versión con Nvidia Tegra 2

Posted by informaticaengalego o Marzo 3, 2011

A mediados de febreiro adiantabámosvos a noticia, unha variante de Samsung Galaxy S II con chipset Nvidia Tegra 2, en lugar do Exynos desenvolvido pola propia Samsung, está en camiño.

Hoxe temos a confirmación da súa existencia, para acabar con calquera tipo de especulación sobre o modelo alternativo, pero abrimos un segundo interrogante que xa nos pareceu preocupante co Nexus S e a

súa pantalla Super AMOLED: que rexións terán a versión Nvidia Tegra 2?.

Parece ser que o mercado Norteamericano e Inglés vai chegar posiblemente O Galaxy que leva o Exynos

Posted in Android, Nvidia, Samsung | Leave a Comment »